lunes, 16 de marzo de 2015

A ORDE DAS COUSAS

O día 23 de Febreiro asistimos na biblioteca do instituto IES Nosa Señora dos Ollos Grandes a unha charla impartida por Amanda, unha psicóloga integrante do grupo defensor dos dereitos das mulleres en Lugo (feministas) chamado As Quetas. 


A actividade comenzou coa visulización dunha curtametraxe titulada El orden de las cosas  que tiña como tema principal a violencia de xénero  e acontecía o seguinte:

O primeiro que observamos é a unha muller chamada Xulia, espida nunha bañeira, que non fala en todo o vídeo. A medida que este avanza van pasando os anos na vida de Xulia mais esta no envellece. Na mesma escena podemos ver que fai acto de presenza un home chamado Marcos, que era o seu marido, achégase a Xulia e intenta convencela de que ten que saír da bañeira e que todo vai ir ben, que serán felices. Aproveita para ensinarlle un anel, en sinal do seu compromiso. O home insiste en que é preciso atopar o seu cinto, obxeto que está presente durante todo o curto e que simboliza poder.

A continuación vese como pasa o tempo porque dende o baño, cuxa porta sempre permanece aberta, pódese ver a Marcos cun bebé en brazos. Ese bebé vai ter un papel importante no transcurso da curtometraxe, pois representa a única motivación de Xulia.


Aparecen na historia os familiares de Marcos, coas súas respectivas mulleres, que son totalmente sumisas e que non entenden porque Xulia se nega a ser unha boa esposa, boa dende punto de vista da familia que creceu co pensamento de que o home debe aprender a facerse respetar pola muller. Na mesma escena Marcos tenta facer que Xulia lle faga caso alegando que tamén é duro para el.


Cambia a escena e pasa o tempo ata o punto no que Marcos, o fillo, xa é case adulto. 

Na mesma escena o que acontece é que o pai segue buscando o cinto e obriga ao fillo a que o busque tamén pero este ó chegar o baño observa que a nai presenta feridas no corpo e comeza a entender porque a nai non sae de alí e porque nunca fala. 
Nese momento ela saca o cinto que estaba metido na auga pero négase a decirllo ó pai porque teme que o siga usando contra ela. 


O fillo comeza a sentir que todo o que el pensaba sobre o pai era falso e recorda que no pasado, este rompeulle un xoguete e prometeu que llo ía arranxar pero nunca o fixo, ese xoguete vai significar a mentira, o unha promesa incumprida.



Enoxado, Marcos Jr. vaise e finalmente o baño inundase e Xulia aparece no mar aberto, que simboliza o sentimento de liberdade xunto coas bañeiras das demais mulleres libre.




Mansur Botana / María Fernández/ Clara Burgo


  

No hay comentarios:

Publicar un comentario